Yolanda Díaz, de En Común-Unidas Podemos, pide garantir os dereitos sociais
Publicado o 14/04/2019 15:40
A cabeza de lista por Pontevedra de En Común-Unidas Podemos estivo esta mañá en Baiona acompañada polos membros locais do partido. Díaz pediu a mobilización dos traballadores para garantir os dereitos sociais e evitar un goberno de dereitas.
· Pablo Iglesias en Eibar
O líder de Podemos Pablo Iglesias participou esta mañá nun mitin en Eibar, onde destacou o importante valor simbólico, histórico e tamén político do municipio. Dixo que nestas eleccións debátense duas cuestións: a plurinacionalidade e a xusticia social. E asegurou que a única garantía dun goberno de esquerdas no estado é un que conte coa presenza de Unidas Podemos.