CRTVG

Buscar

Betanzos cambia o tacón pola zapatilla na tradicional feira de primeiro de ano

Publicado o 01/01/2019 19:43

Un ano máis, e xa van moitos, cumpriuse a tradición e foron moitos os que decidiron comezar o novo ano vindo de feira. Así é a feira de Betanzos, a primeira do ano, onde se xuntan os que comezan o día buscando produto do país. E os que se resisten a rematar coa festa.

Son moitos os que ano tras ano repiten buscando o calzado axeitado para dar descanso a uns pés que xa levan moitas horas de troula. Quen máis e quen menos, algo acaba mercando. E cos pés descansados, nada mellor que algo quente para o corpo. Pois iso, por moitos anos máis de feira!

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2019