CRTVG

Buscar

En 2020 medrou en España o número de usuarios de Internet e o consumo de compras en liña

Publicado o 26/01/2021 22:49

O estalido da pandemia obrigou a adoptar novos hábitos de consumo e reforzou outros como foi o caso das compras por internet.

Di un estudo elaborado pola web de comercio electrónico idealo.es que en 2020 os españois mercaron en liña de media 3,5 veces ao mes e gastaron uns 68 euros, catro máis que en 2019. Entre os cinco produtos máis buscados figura o Satisfayer, pero son os smartphones os que lideran as vendas.

Para outros a pandemia tivo o efecto contrario, reforzando o consumo de proximidade.

Segundo o mesmo estudo, os españois prefiren mercar en liña pola mañá, incluída a madrugada, e mellor se é domingo ou luns.

Noticias web

26/01/2021

Máis sobre actualidade