CRTVG

Buscar

Sobe a cifra de nenos mortos en accidentes de tráfico, algúns sen sistema de retención infantil

Publicado o 05/03/2020 10:34

Aumenta o número de nenos mortos en accidentes de tráfico. O motivo na maioría dos casos son os sistemas de retención infantil, que ás veces non son os axeitados ou mesmo non se usan adecuadamente.

Os nenos son os viaxeiros máis vulnerables en 2019 morreron en total 19 nenos, 6 máis que en 2018. Deles 3 non levaba ningún tipo de retención infantil e dous ían só co cinto de seguridade. O resto levaban sillas infantís pero mal colocadas.

José Ángel Luna, dono dun establecemento con productos infantís explica que a día de hoxe "disponse dos sistemas de retención infantíl máis seguros que nunca pero hai fundamentelamente dous problemas: un incorrecto uso e instalación destes dispositivos porque moitas veces se compran en puntos de venda que non son especializados e a xenten non dispón da información e coñecementos necesarios para instalalos ben". "É fundamental formar os vendedores para formar ben aos usuarios.

"Outro aspecto que inflúe na seguridade, engade José Ángel Luna, e o reutilizar sistemas de retención. Hai xente que ten asentos de máis de dez anos. Esas cadeiras non están homologadas xa hoxe en día e, ademais, se os para tráfico, vainos sancionar".

Entre os consellos para ir seguros fai as seguintes recomendacións: "Non levar os nenos moi abrigados, asegurarse de que os tensores e arneses estean á altura e coa tensión correcta, que arneses e cintos non estean revirados, non cambiar antes de tempo o neno do asento, respectar as inclinacións de cada cadeira, asegurarnos de que o Isofix está correctamente colocado, desconectar o airbag no asento dianteiro cando se utiliza e tampouco son recomendables os redutores e alongadores de cinto".

Noticias web

05/03/2020