Emre Mor despídese do Celta e volve a Turquía
Publicado o 30/07/2019 16:21

Emre Mor foi unha constante produción de problemas e non respondeu ás expectativas. Esta mañá despediuse dos compañeiros.
Agora está a un paso de fichar polo Galatasaray. Emre Mor iría en calidade de cedido polo Celta, que percibiría por este préstamo arredor dun millón e medio de euros. A isto hai que engadirlle a ficha do futbolista, un millón de euros que aforra o Celta.
No Galatasaray Emre Mor vaise atopar con Farih Terim, o técnico que mellor o entendeu ata a data.
Máis sobre actualidade
06/03/2021 23:05