CRTVG

Buscar

Empresas de cartelería e rotulación aumentan o traballo

Publicado o 12/06/2020 17:07

Esta empresa de rotulación, impresión e cartelería fai este mes un ano de vida. Co que non contaban os seus seis empregados é que unha pandemia destas características lles ía xerar tanto traballo.

A demanda chegou dos sectores esenciais, é dicir, aqueles que durante a pandemia foron un servizo de primeira necesidade para as persoas. Panaderías e farmacias implicáronse na protección de traballadores e clientes con pantallas e sinalización.

O traballo destas empresas de rotulación e cartelería xa forma parte desta nova normalidade. Este centro comercial é un claro exemplo.

É o que toca, adaptarse e seguir as recomendacións de seguridade.

Noticias web

12/06/2020