CRTVG

Buscar

Empresarios galegos asentados en Madrid lamentan o dano económico das restricións

Publicado o 22/09/2020 16:36

A Policía Local controla o acceso a Carabanchel no segundo día de confinamento. Unha parte do barrio ten restrinxida a mobilidade e aí custa xa levantar a persiana. As mesmas barreiras no barrio de Vallecas.

Nos dous barrios hai moitos galegos que teñen negocios. A restrición de mobilidade é para eles un golpe en plena recuperación dos efectos do peche motivado polo estado de alarma.

Din que as axudas non chegan, e lamentan os atrasos no pagamento dos ERTE.

Os efectos tamén se senten nas zonas lindeiras á parte confinada doutro barrio, Ciudad Lineal.

A Comunidade de Madrid xa baralla ampliar as restricións de mobilidade a outras áreas.

Noticias web

22/09/2020