CRTVG

Buscar

Emprendedores en Vigo en tempos da Covid-19

Publicado o 23/11/2020 14:53

A pandemia fai xurdir novos negocios coma un de máscaras e todo tipo de complementos para estes tempos de Covid. Os emprendedores son conscientes do risco que asumen cando tantos están a piques de baixar o enreixado.

Maite Isla é a propietaria de Galicia nai e señoras di que é unha valente, pero valente con moita ilusión e que colabora cun grupo de mulleres que son as que cosen. As máscaras son todas feitas unha a unha, con todo o cariño, e lóxicamente con todas as medidas sanitarias que temos nestes momentos.

En "Galicia nai e señora" venden os produtos que fan nunha fábrica de Ponteareas que emprega mulleres que quedaron sen traballo na industria téxtil coa pandemia. Equipos de protección individual, gorros, máscaras e todo tipo e complementos que cumpren con todos os requisitos sanitarios. Unha iniciativa solidaria que doa parte dos beneficios desta tenda que naceu froito da Covid-19.

Maite Isla destaca que " Galicia nai e señoras" foi un proxecto que naceu coa pandemia e a través da Asociación de Amigos do pobo saharauí en Galicia fixeron un chamamento onde se xuntaron 400 persoas, case todas mulleres por toda Galicia. Di que fan batas para as UCIs dos hospitais e logo máscaras.

E se a hostalaría está a ter moitas vítimas por mor da pandemia, hai algúns valentes que se preparan para abrir o seu propio negocio.

Roberto López é un emprendedor que decidiu abrir un local emblemático de Vigo. Afirma que para el é moi ilusionante porque se trata dun local tan emblemático como o dos gofres da rúa Príncipe. Subliña que é arriscado, pero ilusionante. 


Optimismo duns emprendedores valentes para evitar que a pandemia free toda a actividade na propia rúa.

Noticias web

23/11/2020