CRTVG

Buscar

Empregados de Magna Seating esixen cobrar os ERTE

Publicado o 16/06/2020 20:56

Traballadores dunha auxiliar da automoción do Porriño manifestáronse hoxe para reclamar que lles paguen as prestacións polo ERTE que presentou a empresa en marzo. Din que dous terzos do cadro de persoal, uns douscentos empregados, encadean xa tres meses sen ingresos.

A empresa Magna Seating mantén que tramitou a solicitude correctamente. Pero dende o Servizo Público de Emprego aseguran que contiña erros formais que acabou corrixindo o propio SEPE. Confían en que os traballadores poidan cobrar as prestacións ao longo deste mes ou coa próxima nómina.

Noticias web

16/06/2020