CRTVG

Buscar

Empeza a gran viaxe dos montañeiros coruñeses, Félix Criado e Íñigo Gutiérrez

Publicado o 11/12/2019 18:51

O Himalaia chama de novo polos alpinistas coruñeses Félix Criado e Íñigo Gutiérrez. Hai pouca xente no mundo que saiba o que é montar unha tenda a 7.000 metros de altitude e en pleno inverno. Fixérono o ano pasado no K2, a segunda montaña máis alta do planeta.

Félix e Íñigo pasarán o Nadal lonxe da casa. Percorrerán neste coche os 13.000 quilómetros que separan Galicia da capital do Nepal, Katmandú. 12 países en menos de 25 días. Levarán material de expedición, humanitario, material escolar e roupa de abrigo para repartir na viaxe.

Na expedición do alpinista vasco Álex Txikón, un dos mellores do mundo, levarán placas solares, lámpadas e máis de 20 fornos solares para facilitar a vida dos habitantes de Askole, a última aldea antes do ascenso ao K2. "Hai 77 casas. Non teñen combustible. Nin queroseno, nin gas. Que fan coa comida? Para facilitar as coccións engaden bicarbonato sódico a todas as comidas. A esperanza de vida está por debaixo dos 50 anos", di o alpinista Álex Txikón.

No Himalaia tentarán coroar o Ama Dablam, coa cima a 6.856 metros.
 

Noticias web

11/12/2019