CRTVG

Buscar

Empate do Deportivo e vitorias do Compostela e Rácing nos amigables de Segunda B

Publicado o 03/10/2020 21:42

S. D. Compostela 2 Coruxo C. F. 0
Rácing Vilalbés 0 Rácing de Ferrol 2
Bergantiños C. F. 0 R. C. Deportivo 0

Aos poucos van volvendo todas as competicións. Queda pendente aínda o comezo da Segunda B, pero os nosos representantes seguen sumando amigables. Dous deles enfrontáronse en San Lázaro. O Compostela derrotou 2-0 o Coruxo, con dous goles de Primo. Pola súa banda, o Rácing gañou na Madalena ao Vilalbés 2-0. Marcaron Joselu e Pep Caballé, que é esta cabezada que vemos. E o Deportivo empatou sen goles nas Eiroas. Destaca este tiro ao traveseiro de Nacho González.

Noticias web

03/10/2020