CRTVG

Buscar

Eloy Jiménez: "É un momento bo para medrar no xogo"

Publicado o 15/11/2019 19:37

Dúas vitorias de prestixio ante rivais de altura cimentadas na defense fan pensar nun Lugo que vaia a máis no seu xogo: "Creo que agora mesmo é un momento bo, sobre todo pola dinámica en canto a resultados positivos que levamos, que nos faga medrar e crer tamén en que cando teñamos balón temos que someter ao Rácing", anuncia Eloy Jiménez

Un Rácing de Santander diferente ao vista ata o de agora. No Anxo Carro estrearase Cristóbal Parral no banco e Eloy ten unha idea clara de por onde pode ir a nova proposta cántabra: "Pode ser, ao mellor, un estilo diferente ao do anterior adestrador, de asumir menos riscos agora. A lóxica di que ao mellor neste tipo de situacións teñen que ser un pouquiño máis prácticos para saíren de aí abaixo".

Pois ante ese Rácing máis práctico o Lugo non poderá contar no centro do campo con Seoane por sanción, nin con Marcelo Djaló no centro da defensa, convocado coa súa selección, nin na banda esquerda con Gerard Valentín, lesionado. Traballo de encaixe para Eloy Jiménez.

Noticias web

15/11/2019