CRTVG

Buscar

Eloy Jiménez agarda fichaxes pero di que está satisfeito co equipo

Publicado o 26/07/2019 17:15

Eloy Jiménez segue agardando polas novas fichaxes. Iso si, de momento está moi satisfeito cos reforzos que xa chegaron. E postos a cambiar cousas, a xogadores clave como Carlos Pita podería darlle outro rol, sendo un central con saída de balón.

"Estou contentísimo con eles. Na portería temos alguén con experiencia e fame. Jaume e Borja, dous mediocentros que ademais da capacidade de traballo teñen moitísima calidade, que nos van dar frescura no medio do campo. El está cómodo, vainos dar as dúas posibilidades. No medio e como central. Pita dános moita claridade na saída do balón", di o adestrador.

Noticias web

26/07/2019