CRTVG

Buscar

Galicia non rexistra mortes polo virus nun día en que os casos activos soben a 343

Publicado o 22/06/2020 21:13
Galicia non rexistra mortes polo virus nun día en que os casos activos soben a 343

Unha xornada máis, Galicia non rexistra novos falecementos por coronavirus, polo que o total se mantén en 619 (345 en hospitais e 274 en residencias de maiores).

Por outra banda, a comunidade rexistra un total de 343 casos activos por coronavirus, segundo os datos ofrecidos polo Sergas. Deles, 110 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 24 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 138 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol. Son tres máis ca onte en toda Galicia. Na área de Santiago, que é onde se está a tratar o brote de Ribeira, hai 4 casos activos máis.

Dos casos positivos, 4 están hospitalizados e 339 nos seus domicilios. A cifra de curados ascende a 10.535 e o número de falecidos mantense en 619 desde hai 12 días.