CRTVG

Buscar

El Hacen reforza o centro do campo do Lugo

Publicado o 06/02/2020 14:32

O Lugo presentou esta mañá a El Hacen que chega cedido ata final de temporada polo Valladolid, alí xogou un partido en Primeira División.

Este internacional con Mauritania reforza un centro do campo moi necesitado tras a lesión de Borja Domínguez.

El Hacen podería debutar este domingo co Lugo ante o Elxe, nun partido en que o Lugo fai un chamamento especial á afección.

 

 

 

Noticias web

06/02/2020