CRTVG

Buscar

El Hacen: "O importante é o Lugo, non me importa o adestrador"

Publicado o 19/10/2020 15:47

O centrocampista Moctar Sidi El Hacen regresa ao Lugo cedido polo Valladolid a pesar de dispoñer doutras ofertas e faino, segundo explicou na súa presentación, porque o equipo galego foi o único que a tempada pasada pediu a súa cesión e, ademais, feliz de volver malia de que hai uns días cambiou de adestrador, xa que o seu compromiso é co club.

El Hacen foi un dos grandes protagonistas do Lugo na segunda volta do curso 2019/20, no que achegou cinco goles e todos foron produtivos, debido a que contribuíron a que o equipo sumase 13 puntos (catro vitorias e un empate) e quedase en Segunda División.

"O ano pasado estiven moi feliz en Lugo, tratáronme moi ben tanto a afección como a directiva, nese momento foi o único club que se interesou por min e por iso quería volver aquí e dalo todo".

 

Noticias web

19/10/2020