CRTVG

Buscar

Efectos da pandemia no Camiño: pouca afluencia e aumento das cancelacións nos albergues

Publicado o 30/10/2020 21:58

Os efectos da pandemia xa levan meses notándose tamén no Camiño. Ademais da pouca afluencia de peregrinos, nos albergues están vendo como moitos cancelan as súas reservas tras anunciarse o peche de comunidades.

En liñas xerais, nos albergues falan de porcentaxes de ocupación dun 10 ou 20 un por cento este ano en comparación con anos anteriores.

Pero os efectos da pandemia van máis alá das cifras de ocupación. Nalgún destes establecementos, mesmo houbo casos de peregrinos que tiveron que pasar meses confinados.

Raquel e Miguel son dous dos poucos peregrinos que optaron por facer o Camiño este ano.

Non é a primeira vez que fan este percorrido, pero sen dúbida a deste ano foi unha experiencia ben diferente ás anteriores.

Atopáronse cun Camiño marcado pola tranquilidade, pero tamén polos inconvenientes.

Nos albergues, os efectos da pandemia nótanse, por suposto, na pouca afluencia. Os poucos que chegan veñen de preto e é raro atopar algún peregrino internacional.

Nalgún establecemento, mesmo tiveron que facer fronte ó confinamento.

O peche das comunidades non axuda con vistas a mellorar estas cifras. Moitos optan por cancelar as reservas a última hora ante a incerteza da situación.

Unha tendencia que, agardan, poida mellorar no vindeiro Ano Santo.

Noticias web

30/10/2020