CRTVG

Buscar

EEUU aproba a vacina monodose de Johnson&Johnson

Publicado o 28/02/2021 09:55
EEUU aproba a vacina monodose de Johnson&Johnson

A farmacéutica venderá a súa vacina nos vindeiros días

A Axencia do Medicamento dos EEUU aprobou a autorización de emerxencia da vacina contra a covid-19 da farmacéutica Johnson&Johnson. A vacina precisa unha única inxección e será a terceira que estea dispoñible no país.

O medicamento de J&J súmase aos de Pfizer-BioNTech e Moderna, que se están a administrar dende finais de decembro. Estas vacinas serviron xa para inmunizar o persoal sanitario, de emerxencias e a persoas maiores. A vacina de Johnson&Johnson estará dispoñible nos vindeiros días.

Máis sobre actualidade