CRTVG

Buscar

Educación reforzará con 162 profesores os colexios públicos con máis alumnos de baixo rendemento

Publicado o 20/12/2019 14:56

O obxectivo do programa ARCO, de apoio, reforzo de competencias e orientación, é prestar unha atención especial aos alumnos con máis dificultades. Por iso, reforzará con 162 profesores os colexios públicos que máis o precisen en catro cursos de primaria e secundaria.

Carmen Pomar, conselleira de Educación: "Con isto queremos evitar a repetición de curso e o abandono escolar. Vai ser unha liña centrada fundamentalmente en quinto e sexto de primaria e primeiro e cuarto da ESO, que son dous cursos de secundaria complexos para o rendemento académico".

Os profesores de reforzo convivirán cos que xa están nas aulas.

Carmen Pomar, conselleira de Educación: "O profesor titular estará máis centrado na explicación das materias, pero a parte motivacional, de acompañamento e de reforzo vai estar desenvolvida por ese outro profesor ou profesora que vai estar na aula".

Os centros xa poden solicitar este reforzo. Seleccinaranse aqueles que teñen máis problemas respecto do abandono escolar e o rendemento académico.

Noticias web

20/12/2019