CRTVG

Buscar

Eduardo Coudet, un adestrador coas ideas claras

Publicado o 10/11/2020 16:38

Pendentes da chegada de Eduardo Coudet a Vigo. Falta que se concrete o acordo para que se desvincule do Inter de Porto Alegre. Coudet asinará ata 2022 co Celta. O Celta ponse nas mans dun adestrador que debuta no fútbol europeo e que logrou o seu maior éxito co torneo de liga arxentina que gañou co Rácing de Avellaneda.

Eduardo Coudet deixa un club líder no campionato brasileiro para fichar polo Celta. O Inter de Porto Alegre vai primeiro na xornada 20 e xoga a Copa Libertadores. Fichou hai menos dun ano avalado polo título de campión da Liga arxentina co Racing de Avellaneda e xa tiña un perfil definido para os seus equipos.

Como xogador, interior dereito, tivo un paso discreto polo Celta en 2002 onde coincidiu con Eduardo Berizzo, con quen parece compartir ademais de nome e procedencia, algo do seu discurso.

A mensaxe do Chacho Coudet soará familiar na Madroa. A súa idea de fútbol terá que encaixala cun cadro de xogadores pechado e con escasas opcións de mercado.

Noticias web

10/11/2020