CRTVG

Buscar

"E así cultivan os mexillóns?" Os turistas alucinan nas rutas en barco desde Combarro

Publicado o 21/08/2020 15:33

Garantindo todas as medidades de seguridade para unha agradable travesía. Así comeza a ruta a bordo desta embarcación turística que adentra os visitantes na ría de Pontevedra para enagaiolalos con fermosos recunchos da nosa costa como a illa de Tambo e a torre que a preside.

A parada é obrigada tamén nas bateas onde os turistas coñecen os pormenores do cultivo do noso ouro negro, o saboroso mexillón, que tamén poden degustar a bordo combinado cun bo viño.

Pola boa gastronomía e polo encanto da nosa costa, o turismo nacional aposta por Galicia. Tamén os galegos, coas cirunstancias actuais, buscan opcións de lecer na nosa terra.

Unhas rutas que ás veces deixan na retina outras imaxes difícles de esquecer, xa que de cando en vez para goce dos turistas os xoguetóns delfíns únense tamén ás visitas.

Noticias web

21/08/2020