CRTVG

Buscar

Duplícanse as visitas ao punto limpo desde que comezou a pandemia da COVID

Publicado o 04/06/2020 15:29

É un non parar no punto limpo. Antes do coronavirus o habitual era ter unhas 30 visitas ao día. Pero chegou o confinamento e "diminuíu unha barbaridade. Houbo días de cero visitas. A xente non podía saír da casa e non acudía ao punto limpo".

Pero chegou o desconfinamento."Un cambio radical. De ter esas cifras pasamos a ter unha media de 65 ou 70 visitas diarias". Unha morea de visitas que amorean restos de todo o que fomos cambiando no confinamento.

"Durante o confinamento, para non aburrirme, repasei toda a casa. Pero varias veces, ademais".

E agora a desfacerse no lugar axeitado, o punto limpo, de tantas horas sentados diante das pantallas, de tantas horas de sono ou de falta del, de infancias que quedaron atrás e de vellos movementos que xa poden volver.

"E a cargar o coche e ao punto limpo".

Ao punto limpo ou á porta da casa, porque volve a recollida a domicilio.

Noticias web

04/06/2020