Duda e Trazkowski disputarán a segunda volta en Polonia
Publicado o 29/06/2020 08:55
En Polonia, será necesaria unha segunda volta para coñecer quen será o novo presidente do país.
Segundo as enquisas a pé de urna, o candidato á relección, o ultraconservador Andrzej Duda, gañou as presidenciais deste domingo co 41 por cento dos votos, moi lonxe da metade máis necesaria para ser investido en primeira volta.
O candidato liberal, Rafal Trazkowski, co 30 por cento dos sufraxios, disputaralle a presidencia na segunda volta o próximo 12 de xullo.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 22:50
26/01/2021 22:49