CRTVG

Buscar

Dúas xuntanzas de mozos deixan 15 positivos en Vigo e Nigrán

Publicado o 03/09/2020 16:15


A área sanitaria de Vigo rexistrou un novo gromo de Covid-19 con 15 casos positivos polo momento, vinculados con dúas reunións en que participaron un grupo de mozos, segundo informaron fontes do Sergas. Así, trátase dun mesmo grupo duns 20 mozos que participou en dúas reunións en domicilios particulares (en Vigo e a zona do Val Miñor)

Nestes momentos están a rastrexarse os contactos dos mozos e estase realizando un cribado para detectar os contaxios. Polo momento, hai 15 casos confirmados, entre os mozos e algúns dos seus contactos e familiares, aínda que non se descarta un incremento de positivos.

O Sergas lembrou "aos mozos e mozas novos" a necesidade de cumprir coas medidas de seguridade e distanciamento social "imprescindibles para evitar a infección do virus e a súa transmisión".

Noticias web

03/09/2020

Máis sobre Nigrán