CRTVG

Buscar

Dúas ofertas de traballo doméstico sexista en Galicia causan indignación nas redes

Publicado o 10/12/2019 15:25

Preguntamos na rúa por dúas presuntas ofertas de traballo que apareceron na Rede e están a dar moito que falar. Cando se len, espertan reaccións.

Unha delas busca empregada de fogar sexy en Vigo. Imprescindible, en lencería. Con bos peitos e agradable. Remata coa frase "abstéñanse cardos". Apareceu nun portal de emprego.

A oferta foi retirada dun portal de emprego despois do balbordo que xerou. Caso similar, esta oferta para acompañar en Cambados un home con discapacidade. Pídelles ás candidatas fotos en que se vexan pernas e escote. Empeza buscando "rapaza latina atrevida, sexy e con xenerosos peitos".

Esta conta de Twitter foi das que denunciaron publicamente estas e outras ofertas de traballo indignantes.

Sucede en Galicia, no ano 2019.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019