CRTVG

Buscar

Dúas investigacións tratarán de esclarecer o accidente do Alvia en Zamora

Publicado o 03/06/2020 07:44

Sabemos que están en marcha dúas investigacións, unha xudicial e outra iniciada por Renfe. Con elas intentarán esclarecer todas as circunstancias que rodearon o accidente que, lembremos, acababa coa vida de dúas persoas. Un coche todo terreo caía dun paso elevado e provocaba o descarrilamento do Alvia procedente de Ferrol. Morreu o condutor do vehículo, un home de 89 anos e un dos maquinistas, que estaba en prácticas. Como xa lles contamos, era de Culleredo e tiña 32 anos.

O outro quedou ferido grave. Máis alá da investigación, o que continúa aquí no lugar do sinistro son os traballos para recuperar o tráfico ferroviario. O ADIF informou que permanecerá ininterrompido mentres duren os traballos de reparación, xa que un dos carrís rompeu como consecuencia do impacto do coche e da freada do tren. Os traballos durarán previsiblemente ata o 25 de xuño.

Toca investigar, avaliar danos e traballar para recuperar o tráfico ferroviario no treito afectado polo descarrilamento do Alvia. Dúas investigacións, unha xudicial e outra da Comisión de Accidentes Ferroviarios serán as encargadas de aclarar as causas dun accidenteque, polo menos por parte do tren, parecen obvias.

Un todo terreo, hoxe sabemos que un Land Rover Santana de hai 50 anos pero coa ITV en regra, cae desde un paso elevado e provoca o descarrilamento do Alvia. Tamén se sabe, segundo declaracións do propio presidente de Renfe, que o convoi circulaba a 155Km/h e que non se pode, polo momento, determinar canto tempo levaba o vehículo interceptando a vía.

Do paso elevado, pertencente á localidade de Palacios del Pan, soubemos que se trata dun histórico punto negro que levan anos denunciando tanto os veciños como a alcadesa desta localidade.

No accidente morreron dúas persoas, o condutor do vehículo e un dos maquinistas. Era de Culleredo e tiña 32 anos. O outro, da Coruña,permenece nun hospital de Salamanca en estado grave pero estable. Os máis de 150 viaxeiros están todos ben malia que 6 foron atendidos por lesións leves. No día despois cóntannos que tanto a intervención dos equipos de emerxencias como a da cidadanía foi exemplar.

Os traballos de reparación da vía continúan no tramo afectado. O Adif informou de que Renfe estableceu xa un plan alternativo de transporte por estrada para os clientes dos trens Madrid-Galicia ata o 25 de xuño, data en que previsiblemente xa poderán restablecer o tráfico ferroviario.