CRTVG

Buscar

Dúas familias crean na Coruña unha plataforma para visibilizar a diversidade funcional no deporte

Publicado o 12/02/2020 21:29

Mario e Inés son dous nenos aos que lles encanta correr. A ela, sobre todo, en montaña e a el máis en asfalto. Pero o que máis lles gusta é practicar deporte en familia. 

Facendo deporte foi como se coñeceron estas dúas familias. Mario, de seis anos, sofre parálise cerebral, e Inés, con 12, un trastorno do desenvolvemento coñecido como síndrome de Cornelia de Lange. Da unión do seus nomes naceu a plataforma Marines Enki, que busca dar a máis menores con diversidade funcional a oportunidade de participar en carreiras populares.

A presentación oficial desta nova plataforma será o domingo no medio maratón da Coruña.

Noticias web

12/02/2020