CRTVG

Buscar

Dous 'okupas' dunha casa na Coruña seguen amenazando os veciños

Publicado o 06/07/2020 14:34

Dous okupas dunha casa no barrio coruñés de Palavea seguen amenazando os veciños da rúa Bustos, en principio cunha cámara no balcón, enfocando á rúa, para gravar a quen se achegue ao edificio ocupado. Xa lles retiraron a cámara de gravación do balcón da casa ocupada, pero iso non mingua a indignación dos veciños de Palavea que reciben a cotío insultos e ameazas. Seguen os roubos e pequeno comercio de drogas na zona. 

Noticias web

06/07/2020