CRTVG

Buscar

Dous menores quedaron feridos ao seren atropelados en Vigo

Publicado o 21/08/2020 15:31

Dous nenos xemelgos de 11 anos quedaron feridos en Vigo ao seren atropelados nun paso de peóns regulado por semáforo. Ambos tiveron que ser trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro; un deles, que sufriu un forte golpe na cabeza, atópase en estado grave, e o outro ten feridas leves.

Ocorreu na avenida de Castelao. Por circunstancias que se descoñecen, o condutor, de 61 anos, atropelou os pequenos ao pasar por este punto. A Policía Local investiga se o semáforo estaba en vermello para o condutor no momento do suceso.

Noticias web

21/08/2020