CRTVG

Buscar

Dous gromos en dúas residencias ourensás suman 189 positivos

Publicado o 08/10/2020 21:11

Das 288 persoas da residencia dos Gozos, practicamente a metade deron positivo no cribado feito o luns. Son 112 residentes e 25 traballadores. Cinco maiores tiveron que ser hospitalizados, o resto teñen de momento síntomas leves.

Na residencia están adaptando o espazo para reservar a planta baixa para as persoas que deron negativo, todos os usuarios permanecen confinados nos seus cuartos.

Este gromo no Pereiro de Aguiar é o segundo máis grande nunha residencia en Galicia despois do de Outeiro de Rei, que ten 150 casos activos.

Preocupa tamén o foco que coñecemos hoxe no concello ourensán de Monterrei con 52 persoas contaxiadas; 46 delas son usuarios que polo momento non presentan sintomatoloxía grave.

Noticias web

08/10/2020