CRTVG

Buscar

Dous galegos confinados no Ecuador piden volver a España

Publicado o 15/04/2020 14:18

É a avenida dos Shyris, unha das arterias principais do norte de Quito, no Ecuador. As vistas son desde o andar dezasete do edificio onde viven e están confinados desde hai catro semanas, dous galegos. Juan e Fernando levan catro anos traballando en Quito, agora, no metro da capital. Denuncian que queren volver a España. A actual restrición de movementos cancelou os voos comerciais. Volver a Galicia só é posible nunha viaxe xestionada pola embaixada.

Denuncian os galegos que o consulado non os avisou cando, hai unhas semanas, si organizaron un voo a España desde O Ecuador.

No Ecuador hai xa máis de sete mil cincocentos contaxiados, segundo as cifras oficiais, por coronavirus. 

 

 

 

Noticias web

15/04/2020