Dous feridos graves en San Cibrao das Viñas nun choque frontal entre dous coches
Publicado o 17/08/2020 19:33

Dúas persoas están feridas graves despois de sufriren un accidente no alto do Cumial, en San Cibrao das Viñas. Os dous feridos conducían senllos turismos e bateron de fronte pasadas as tres e media da tarde na estrada OU-0513, que comunica O Cumial coa parroquia de Rairo, na cidade de Ourense. Os feridos foron ingresados no complexo hospitalario de Ourense.