CRTVG

Buscar

Dous encapuchados atracan unha gasolineira de Barbadás

Publicado o 24/03/2020 13:54

Cincocentos euros e un teléfono móbil é o botín que levaron os dous atracadores que asaltaron a gasolineira de Bentraces, no concello ourensán de Barbadás.

Os delincuentes ameazaron cunha pistola o empregado da estación de servizo e fuxiron a pé.O atraco ocorreo pouco despois das nove da noite do sábado na gasolineira de Bentraces, no concello ourensán de Barbadas, próximo á capital.

Dous homes encapuchados entraron na oficina do establecemento e apuntaron cunha pistola ao único empregado que a atendía, esixíndolle os cartos da caixa rexistradora.

"O primeiro, que me encanonou, é o que ía armado. O outro non".

Despois de conseguir a recadación, uns cincocentos euros, pedíronlle ao empregado que lles entregase tamén a súa carteira e o teléfono móbil.

Co botín no seu poder, fuxiron a pé. "Por iso non vin coche ningún, nin cando chegaron nin cando marcharon".

O atraco quedou rexistrado nas cámaras de seguridade da gasolineira que están sendo analizadas pola garda civil para intentar identificar aos delincuentes.

Os axentes están cruzando todos os datos cos doutro atraco ocorrido hai un mes nun bar da Merca, diante da sospeita de que puidera tratarse dos mesmos autores.

Noticias web

24/03/2020