CRTVG

Buscar

Dous encapuchados asaltan unha gasolineira en Ribeira

Publicado o 10/12/2019 14:14

Os ladróns actuaron de madrugada. Dous encapuchados ameazaron cunha arma branca o empregado da estación de servizo, esixíndolle a recadación. Tras roubar o diñeiro, fuxiron nun vehículo.

É o segundo atraco que sofren nun ano. A Asociación de Empresarios de Ribeira asegura que xa solicitaron ante a Subdelegación do Goberno máis medios policiais, ante a vaga de roubos rexistrados nos últimos meses nese municipio.

Noticias web

10/12/2019