CRTVG

Buscar

Dous detidos por unha liorta a navalladas en Ribeira

Publicado o 22/10/2020 13:51

En Ribeira, a policía prosegue coas pescudas relacionadas cunha liorta entre persoas, supostamente, vencelladas coas drogas.

Este mediodía permanecían no calabozo da comisaría dous detidos pola súa presunta implicación no suceso, un home e unha muller.

Sospeitan que os dous estiveron na liorta da madrugada do domingo na rúa Romero Ortiz. No lugar houbo unha pelexa con varias persoas participando en distinto grao e unha delas quedou con feridas de arma branca.

Noticias web

22/10/2020