CRTVG

Buscar

Dous condutores quedan feridos de gravidade tras un choque frontal na Laracha

Publicado o 15/07/2020 08:52
Dous condutores quedan feridos de gravidade tras un choque frontal na Laracha

Na parroquia de Lemaio, na Laracha, ocorreu un accidente de tráfico de importantes consecuencias. Foi un impacto frontal entre dous vehículos, e os dous condutores quedaron feridos de gravidade.

O choque foi tan forte que un dos coches saíu da calzada. Acudiron múltiples equipos de emerxencias, entre eles tres ambulancias e un helicóptero medicalizado.

Foi preciso que os bombeiros de Carballo excarcerasen os únicos ocupantes de cada vehículo, os condutores.

A estrada, que une Cee coa Coruña, quedou cortarda varias horas durante a tarde de onte neste punto, próximo ao linde entre os concellos de Carballo e A Laracha