CRTVG

Buscar

Dous asaltos nun mes a unha cafetería de Redondela

Publicado o 25/07/2019 13:17

En Redondela, un local de hostalería sufriu dous roubos en menos dun mes. En ambas ocasións, os cacos, que actuaron de noite, accederon ao interior do bar despois de romper unha ventá.

Situada nun dos accesos á localidade, preto da praza de Ponteareas, esta cafetaría de Redondela foi obxecto dos cacos en dúas ocasións en menos dun mes. En ambos roubos os ladróns non dubidaron en romper unha ventá para acceder ao interior do local de madrugada.

Cayetano Bouzón, Dono do bar: "A primeira vez foi de xoves para venres, ás tres da mañá. Eu entereime porque me chamaron da alarma e tamén a policía, pero cando cheguei xa estaba o traballo feito. A segunda vez foi de domingo para luns. Foi a mesma historia, só que esta vez non roubaron a máquina comecartos, só a miña caixa, pero porque non lle deu tempo, apareceu un veciño e escaparon correndo".

Polo momento non conseguiron identificar aos asaltantes.

Cayetano Bouzón, Dono do bar: "A primeira vez foron tres, eu teño todo gravado coas cámaras, o que pasa é que veñen encapuchados e non eres capaz de identificalos. E polo que vin, unha vez foron uns, e a segunda vez outros distintos. Primeiro foron tres rapaces, e a segunda un rapaz e unha rapaza".

Entre o botín subtraído e os danos causados as perdas ascenden a un total de dous mil euros en cada roubo. O propietario do local amósase preocupado ante a posibilidade de que os amigos do alleo volvan a actuar.

TOTAL: Cayetano Bouzón, Dono do bar "Se pasou dúas veces en vinte días, xa non sei que pensar. Agora xa durmo coas zapatillas e un pantalón cerca da cama para saír correndo. E o coche aparcado cerca da casa"

Pese a ser unha zona tranquila, asegura o dono do bar, o seu non foi o único local asaltado nos últimos días.

Cayetano Bouzón, Dono do bar: "O domingo foi a min e a un bar que está na estación, e en Porriño outros dous. Eu penso que son bandas de fóra e que saben o que fan porque a ventá ábrena nun minuto. Non son chiquilladas, son xente que se dedica a iso".

De seguir así, asegura o hostaleiro, terá que botar o peche para poder facer fronte aos gastos, por iso demanda máis vixilancia na zona.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/07/2019