CRTVG

Buscar

Domingo de derbis na G2 co Celta B-Compos (12:00) e Rácing-Coruxo (17:00)

Publicado o 05/12/2020 15:40

Un punto separa na clasificación o Celta B e o Compostela. E dous puntais unen ambolos dous equipos: Álvaro Casas e David Soto son a parella de centrais do Compostela, formados no Celta B. Mañá regresarán a Barreiro para o duelo de mediodía entre o cuarto clasificado e o sétimo. Un Compostela que precisa converter en puntos as súas boas sensacións e un Celta B que leva dúas vitorias seguidas.

Tamén na Malta haberá reencontros co regreso de Míchel, Antón de Vicente e Jacobo Trigo. O Coruxo chega liberado de presión tras acadar primeira vitoria e primeiros goles a semana pasada co Guijuelo. En Ferrol, cargan coa necesidade de gañar na Malata e o desacougo polo risco de caer da zona media se perden mañá.

Tralo alivio dalgunhas restricións, na Malata haberá 500 espectadores.

Noticias web

05/12/2020