CRTVG

Buscar

Doce guindastres traballan ao mesmo tempo no complexo Vialia de Vigo

Publicado o 26/09/2019 16:55

En marzo comezaron a verse os primeiros movementos na estación de ferrocaril Vigo-Urzáiz para a instalación do centro Vialia. Neste momento o despregamento de maquinaria supera a de calquera outra obra acometida na cidade, con doce guindastres operando ao mesmo tempo. O cadro de persoal, que arrancou con 160 operarios, tamén acada cifras elevadas, con cincocentos traballadores nos picos máximos.

A este ritmo cumpriránse os prazos previstos e o proxecto dirixido polo arquitecto norteamericano Tom Mayne estará rematado na primavera de 2021. Será unha estación de tren con 43.000 metros cadrados de superficie comercial e unha gran praza pública. Ao seu carón, nunha obra anexa construirase a terminal de autobuses.

Noticias web

26/09/2019