CRTVG

Buscar

Doa o seu coche ao Concello a cambio de non pagar a súa retirada do depósito municipal.

Publicado o 03/03/2021 14:27

Cometeu unha infracción de tráfico e o guindastre levoulle o coche ao depósito municipal. Custaríalle retiralo 115 euros, se o fixese daquela, pero pasaron xa máis de 150 días e agora a débeda ascende a case 2.400 euros, polo que decidiu renunciar a el a cambio de que lle retiren a sanción. Agora o Concello vaille dar un novo uso.

"Nós necesitamos este tipo de coches para facer determinadas vixilancias, pois de violencia de xénero, puntos de droga etc, etc, e é un coche que está en condicións e penso que non facelo sería un malgasto, a verdade", informa Eva Villaverde, concelleira de Protección Cidadá e Sostemento de Espazos Públicos.

Esta práctica de renunciar ao coche é habitual. En Pontevedra hai 4 ou 5 expedientes cada ano. A diferenza é que normalmente son vellos e van directamente ao taller de despezamento.

"No parque móbil do concello de Pontevedra xa existen máis cohes nesta situación. E en moitas ocasións acaban no taller de despezamento", apunta a concelleira.

Con tan só 85.000 quilómetros, ese coche agora camuflado prestará en breve o seu servizo á Policía Local.

 

 

Noticias web

03/03/2021