CRTVG

Buscar

Do selectivo de Verducido saen seis galegos para a Copa do Mundo de Hungría

Publicado o 06/09/2020 15:15

Rematou o selectivo de piragüismo que se celebrou durante a fin de semana en Verducido. E na xornada de hoxe catro barcos con representación galega acadaron a clasificación para a Copa do Mundo de Esprinte de Hungría, que se disputa a finais deste mes.

David Barreiro, do Breogán, en C1 1000; a parella formada por Antía Jácome e Antía Otero, do Cidade de Pontevedra en C2 500; e Roi Rodríguez, do Kayak Tudense en dúas categorías. Só no K1 500 e acompañado de Albert Martí no K2 500.

Noticias web

06/09/2020