CRTVG

Buscar

Dispositivo especial de vixilancia en Xinzo de Limia

Publicado o 23/01/2021 21:58

O concello de Xinzo de Limia nunca pensou vivir Entroido coma este. Co peche perimetral do concello, da hostelería, de toda actividade non esencial, coas reunións prohibidas entre non conviventes. Os contaxios aquí chegaron case a triplicarse nas últimas dúas semanas, son xa 237 os casos activos. A súa festa das festas quedou suspendida, porque a incidencia do virus é tal que obrigou a incluír Xinzo na lista de concellos co nivel máximo de restriccións.

As forzas de seguridade vixían as entradas e saídas do concello por estrada. Tamén as rúas para que se cumpra co uso correcto das máscaras.

O de Xinzo de Limia é o municipio con maior número de casos na provincia despois do de Ourense. Por iso piden responsabilidade e a colaboración da cidadanía. Coidan que cumprir coas normas e as restricións é o único xeito a día de hoxe de frear a transmisión do virus.

Noticias web

23/01/2021