CRTVG

Buscar

Dispárase a incidencia do virus nas cidades galegas

Publicado o 22/01/2021 14:48

As autoridades sanitarias seguen de preto a evolución dos contaxios en Santiago, que este venres contabiliza 653 casos activos.

"A situación é de risco extremo, os datos que temos son os peores de toda a pandemia", di Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago.

A capital galega leva dúas semanas en restricións de nivel máximo. A incidencia a 14 días segue á alza, e sitúase xa en 647 casos por cen mil habitantes, ao tempo que aumenta o cansazo social.

"Abrirán para o Entroido, despois volverán pechar, paréceme contraproducente", di unha moza.

A transimisión do virus segue imparable tamén na cidade da Coruña, con tres xornadas seguidas superando os 400 infectados. Cunha incidencia de 668 casos por cen mil habitantes a 14 días, preocupa sobre todo a presión hospitalaria.

A cidade con maior incidencia do virus é Ourense, que xa roza os 700 casos por cen mil, 37 puntos máis ca onte, e segue empeorando, polo que algúns veciños xa piden o confinamento.

Cidades en que, se seguen aumentando os contaxios e a presión asistencial, o Goberno galego podería decretar o peche da actividade non esencial, seguindo o coñecido como modelo O Carballiño.

Noticias web

22/01/2021