CRTVG

Buscar

Dispárase a demanda de estufas de gas entre os hostaleiros

Publicado o 28/10/2020 15:24

As terrazas dos bares están a ser vitais para que moitos negocios poidan seguir abertos nestes tempos de crise sanitaria. Cada vez hai máis en Galicia, e coa chegada do frío disparouse a demanda de estufas de gas para quentar estes espazos e lograr atraer clientes.

Tan necesarias son que moitos vendedores xa esgotaron existencias das de gas, e a outros xa lles quedan poucas en stock. Din que é a mellor solución para poder manter a clientela agora que empeza o frío.

As estufas de gas poden conseguirse a partir duns 120 euros, e a vantaxe, din os vendedores, é que consomen menos que as eléctricas.

Noticias web

28/10/2020