CRTVG

Buscar

Dispárase a demanda de alarmas ante a ocupación ilegal de dúas vivendas na Coruña

Publicado o 27/05/2020 16:21

As forzas de seguridade recomendan como posibilidade máis efectiva para disuadir posibles ocupantes, a instalación de medidas como poden ser as alarmas ou a vixilancia dos inmobles. E é que a lei marca un máximo de 48 horas para poder sacar pola forza os ocupantes ilegais de vivendas.

Transcorrido este prazo, habería que recorrer aos xulgados, o que fai máis lentos e custosos os trámites para os propietarios. Aínda así en moitos casos, as forzas de seguridade atribúen estas prácticas a mafias organizadas que reinciden unha e otra vez no delito.

Noticias web

27/05/2020