CRTVG

Buscar

Dispáranse os novos contaxios con 203 casos máis só na área de Ourense

Publicado o 09/10/2020 20:02

• Tres mulleres falecidas este venres elevan a 779 os mortos en Galicia a causa da pandemia

• Rexistráronse 429 novos contaxios, a maior cifra no país dende finais de marzo

• Outras áreas sanitarias descenden de xeito notable, como a de Pontevedra (-40) e A Coruña (-27)

 

Dispáranse os novos contaxios con 203 casos máis só na área de Ourense

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.264, 181 máis ca onte. Un incremento debido ao súbito e forte aumento de casos na área de Ourense (+203), a que concentra a maior cantidade dos casos 32% do total.

A repartición sería:

• Ourense: 1.351

• A Coruña: 757 

• Pontevedra: 573

• Santiago: 552

• Lugo: 494 

• Vigo: 433

• Ferrol: 104

Este venres á tarde as autoridades sanitarias comunicaron a morte de tres persoas diagnosticadas por coronavirus. Trátase de tres mulleres de 103, 91 e 62 anos que estaban ingresadas no Hospital Modelo-Belén, na Coruña; no Hospital do Barco de Valdeorras e no CHUO, respectivamente. A muller de 103 anos falecida no Hospital Modelo-Belen procedía da residencia Ballesol-Oleiros e a muller de 91 falecida no Hospital do Barco procedía da Residencia Los Pinos-A Rúa.

Ourense, descontrolado

A área sanitaria de Ourense é a que rexistra a peor evolución. Segundo os datos facilitados pola Xunta (en forma de mapa por niveis, sen achegar os datos concretos e desagregados por concellos), observamos que a evolución das incidencias acumuladas (sete días e catorce) pinta a

Hospitalizacións e falecementos

Do total de pacientes positivos, 38 están en UCI (+3), 187 en unidades de hospitalización e 4.039 no domicilio (+178). Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.106 persoas curadas, rexistrándose 779 falecementos no que vai de pandemia.

O número de PCR realizadas é de 537.192, 5.782 no día de onte.