CRTVG

Buscar

Dispáranse a 333 os novos contaxios en España nas últimas 24 horas, 20 en Galicia

Publicado o 10/07/2020 21:16

O Ministerio de Sanidade rexistrou este venres 333 novos positivos de Covid-19, en comparación cos 241 notificados o xoves, o que sitúa en 253.908 persoas as que se infectaron polo novo coronavirus. Ademais, o departamento que dirixe Salvador Illa notificou dous falecidos máis que onte e 10 na última semana, situándose a cifra total de falecidos desde o inicio da pandemia nos 28.403.

Ata 1.623 persoas iniciaron síntomas de covid-19 nas dúas últimas semanas, das que 530 se produciron no últimos sete días. En relación aos ingresos nunha unidade de coidados intensivos (UCI), desde que comezou a pandemia ingresaron 11.710 persoas, oito na última semana, mentres que 125.675 foron hospitalizadas, 156 nos últimos sete días.

Cataluña é a comunidade autónoma que máis casos notificou nas últimas 24 horas:

Cataluña 81

Aragón 68

Andalucía 32

Madrid 30

Navarra 26

Estremadura 25

Galicia 20

Comunidade Valenciana 17

Castela-A Mancha 13

País Vasco 11

Castela e León 4

Murcia 3

Asturias 1

Canarias 1

A Rioxa 1

Máis rebrotes e máis xente nova contaxiada

En Cataluña a comarca do Segriá rexistrou a cifra mais alta de contaxios desde o confinamento. A escalada de casos e novos brotes obriga a abrir unha terceira planta para enfermos de coronavirus no hospital de Lleida.

A Generalitat non prevé o confinamento domiciliario e alerta do aumento "insostible", di, de contaxios entre a mocidade de 15 a 29 anos.

A maioría dos brotes teñen a súa orixe en festas e celebracións familiares.
Nas Baleares, o Goberno anunciou que multará con ata tres mil euros os que participen en eventos que superen a ocupación regulamentada. A multa chegará ata os 600.000 para os establecementos que incumpran as normas sanitarias. Desde o luns será obrigatorio nas illas o uso da máscara

E, as doce desta noite súmase unha comunidade mais, Extremadura.

Queden con esta data: primavera do 2021. O ministro, Salvador Illa, sitúa nela a dispoñibilidade da vacina.
 

"Eu penso, se tivese que dar un prognóstico hoxe, di Salvador Illa, que nalgún momento do ano que vén , moi probablemente no segundo trimestre, estará dispoñible unha ou varias vacinas con calidade suficiente para poder ser administrada á poboación" 

Mentres non cheguen vacina ou tratamento, advirte Illa, a poboación debe acostumarse a convivir co virus. Sen medo, pero con respecto.