CRTVG

Buscar

Discotecas e bares nocturnos poden abrir desde o luns sen pistas de baile e cun terzo de ocupación

Publicado o 06/06/2020 12:49
Discotecas e bares nocturnos poden abrir desde o luns sen pistas de baile e cun terzo de ocupación

O Goberno permítelles finalmente abrir a discotecas e os bares nocturnos desde o luns pola noite coas normas de flexibilización da fase 3 que publica o BOE. É un novo cambio respecto ao que estaba previsto. Iso si, sen pistas de baile e cun 30 por cento da súa capacidade.

Cando haxa espazo para bailar poderá utilizarse para poñer mesas ou agrupacións delas pero non se poderá dedicar ao seu uso habitual. Os seus clientes deberán respectar a distancia de seguridade ou utilizar máscaras.

A patronal do sector do ocio nocturno alertaba de que se non se podía reiniciar a actividade en breve, a pandemia podía levar por diante ata o 50 por cento das 30.000 salas de festa, discotecas e bares musicais de España.