CRTVG

Buscar

Dimite a deputada de Más Madrid Clara Serra por discrepancias con Errejón

Publicado o 07/10/2019 21:10

A deputada autonómica de Más Madrid, Clara Serra, dimite por discrepancias con Íñigo Errejón. Di que non comparte o xeito en que Más Pais vai concorrer ás eleccións xerais ni o funcionamento do proxecto liderado por Errejón.

Nas redes sociais critica, por exemplo, que teñan que competir con Ada Colau en Barcelona. Clara Serra dá a entender que quizais foi precipitado o salto a nivel estatal e anuncia que abandona o escano na Asemblea madrileña.

Noticias web

07/10/2019