Dificultades para cumprir a normativa no caso das familias numerosas
Publicado o 27/04/2020 15:50
Segundo o Rexistro de Títulos de Familia Numerosa do Ministerio de Sanidade, estamos falando de máis de noventa e oito mil familias en España que teñen 4 ou máis fillos. Cumprir coa normativa establecida polo Goberno para poder saír á rúa con eles resulta ás veces moi difícil. E nalgún casos como o da familia de Mar Dorrío, con 12 fillos, precisa moita organización.
Algunhas asociacions de familias numerosas xa reclamaron poder sacar todos os fillos cun só pai se non hai outra posibilidade. E tamén que os adolescentes poidan saír canda eles.
De momento, a normativa non cambiou e terán que seguir organizándose para poder saír.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 21:02